ODAIKO
ODAIKO
   Espectáculos
     Espectáculos
     Recortes de prensa
     Raiders



GALICIAN ON BOARD
Galician on board é o tercei traballo de Odaiko, despois do éxito recollido en “Okho” na que o máximo expoñente era a cultura oriental, e “Odaiko nas escolas”, na que miles de alumnos se acercan en cada concerto a unha historia plasmada de colorido, ritmo e humor.

“Galician on Board” é un proxecto que nace cunha visión clara, resaltar os conceptos que levaron a un pobo ó cambio, un cambio que en moitos casos se adapta o medio e noutros se alonxa, rompendo esa simetría entre a natureza home, que subsistíu durante tantas décadas.

Conceptos como folclore, industrialización, inmigración , campo.... serán os textos a musicar neste espectáculo, pero dunha maneira moi vangardista na que odaiko sorprende en cada espectáculo, e na cal pon en escea un borbotón de ideas, sons, e novedades percusivas baseadas únicamente en representar a traxectoria dun pobo.

Para elo Odaiko deixa de lado a multimedia e nos sorprende cunha voz en Off, que nos axudará a seguir dunha maneira moi descriptiva o espectáculo, e cunha voz activa como é a de Guadi Galego(excompoñente de Berrogüeto)

*
 © 2009 ODAIKO PERSUSSION GROUP   | 5 usuarios activos | 205 registrados ACV Galaica